Ribadeo viviu onte a segunda edición do Illa Pancha Challenge que contou novamenteo co apoio da Deputación de Lugo. Coa chegada da borrasca Justine, destacados surfeiros internacionais achegáronse á Mariña Lucense, grazas ao traballo de Eric Rebiere e After Surf, pra competir pola mellor onda do día nun evento de formato aberto este ano no Panchorro.
Por mor da pandemia e das medidas sanitarias vixentes o evento non contou con público máis foi un éxito de público online e foi seguido en máis de 100 países.