Illa Pancha Challenge 2021

O Illa Pancha  Challenge é sen dúbida o evento de surf máis desafiante que se realizou en Europa ata o momento. A onda alcanza facilmente os 18 metros de altura, que debido aos seus fondos de lastras, provoca un tubo só antes visto en Hawai ou Australia.

O surfeiro profesional Eric Rebiere lidera este evento para conseguir traer aos mellores surfeiros de ondas xigantes do mundo como Lucas Chumbo e Andrew Cotton. O formato do campionato deste ano é unha sesión libre onde todos os surfeiros poden elixir as ondas que queiran de 11:00​ da mañá a 4:00​ da tarde.
De aí elixiranse os campións das seguintes categorías:

- After Surf premio ao Mellor Equipo
- Cabreiroá premio ao Mellor Tubo
- Deputación de Lugo premio á Onda Máis Grande
- Hotel O meu Norte premio á Mellor  Performance Feminina
- Mellor Equipo Español
- Peor  Wipeout (a caída máis gorda)

Debido ás medidas sanitarias actuais, o evento celébrase sen público.

Grazas polo voso apoio e comprensión.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.