Nova proba do Circuíto Kids na praia de Patos

Aberto o prazo de inscrición para a proba da Liga nacional KIDS na praia de Patos (Concello de  Nigran). Os días de competición serán o sábado 9 e domingo 10 de abril, con posibilidade de elixir un de ambos os días para o desenvolvemento da mesma ou ambos se fose necesario.

As categorías desta terceira etapa do calendario da liga Surfing KIDS son :

SUB 14 masculino
SUB 14 feminino
SUB 12 masculino
SUB 12 feminino
SUB 10 mixto

As inscricións deberán realizarse na páxina da federación española de surf, ingresando no número de conta a cantidade de 30€ antes do xoves 7 abril ás 20:00.

ES24 2080 0560 9030 4000 5914

IMPORTANTE : (indicar nome completo do atleta e categoría na que participa).

Importante ter en conta que o domingo coincide con carreira Vigo - Baiona e o tráfico permanecerá pechado. Polo que se aconsella estar preto da praia ese día e evitar desprazamentos. Habilítase un paso desde Nigrán ata a praia de Patos , pero este será pola estrada xeral paralela á estrada da costa: a estrada da vía, que vai xustamente por encima.

Fonte da nova: https://my.fgsurf.org/#/news/circuito-nacional-junior-kids-de-patos-nigran/

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.