Aberto o prazo de inscripción "King of the Groms" 11 e 12 Xullo, Razo

Xa está aberto o prazo de inscripción do evento King of the Groms. Este campionato vaise celebrar na praia de Razo os días 11 e 12 de xullo. Podedes apuntaros na súa web. Hai 6 prazas que dan o pase para a final europea que se vai celebrar en Zarautz.

Despois de mais de 15 anos en Capbreton (Francia), o Quiksilver King of the Groms móvese a Zarautz. Os mellores surfeiros europeos menores de 16 anos daranse cita en Zarautz os próximos 7 e 8 de Agosto para competir na final Europea.

O campionato desenvolverase nas mesmas costas nas que o surfeiro vasco Aritz Aranburu deu os seus primeiros pasos. Hoxe en día é un dos 7 surfeiros europeos que forman parte da ASP World Tour. Dez anos despois de gañar o Grommets Trophy (agora King of the Groms) Aritz Aranburu apadriñará a edición 2009.


Aínda que a data e o lugar da final europea cambian, o concepto permanece intacto:

- Eventos clasificatorios en toda Europa
- Unha final europea en Zarautz do 7 ao 8 de Agosto de 2009

Nota: Se non hai suficientes ondas os días 7 e 8 para a final, a competición estenderase até o domingo 9 de Agosto.

FINAL EUROPEA

A partir de Abril, os surfeiros máis novos poderán competir nas eliminatorias desenvolvidas ao redor de todo o continente, nun intento de gañar un pase directo á final de Zarautz, onde se darán cita 32 novos surfeiros (nota: cada eliminatoria está reservada a residentes do país anfitrión). Só os dous primeiros clasificados da Final Europea en Zarautz terán acceso á Final Internacional que, por segundo ano consecutivo desenvolverase nas praias de Hossegor, Seignosse, Capbreton e San Juan de Luz durante o Quiksilver Prol France do 23 de Setembro ao 4 de Outubro

Os 6 primeiros clasificados do ranking final do King of the Groms (Razo + Somo) lograrán a súa praza para poder participar na final Europea.

Máis info en: www.kotg.es/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.