Comeza o King of the Groms - Razo 11 e 12 xullo

Segundo informa Kike Aradas no seu blog a Casa do Concello de Carballo acolleu onte a presentación do campionato internacional de surf Quiksilver King of the Groms. Ao acto acudiron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e o responsable de Raz Surfcamp, Alejandro Vázquez. Este evento, patrocinado ademais pola Federación Galega, terá lugar este fin de semana na praia de Razo e está dirixido a surfeiros menores de 16 en categoría masculina.

Carballo, un dos referentes de campionatos de surf de alta calidade, acollerá unha das dúas probas clasificatorias no ámbito nacional. O segundo torneo terá lugar en Somo (Cantabria) o 18 e o 19 de xullo.

Mañá dara comezo o Kings of the groms na praia de Razo, o parte non é moi bo, o domingo sera o dia coas mellores ondas.O "Quiksilver King of the Groms" é un circuíto clasificatorio para a final Europea Sub 16 que se celebrará en Zarauz, e a gran final Mundial Sub 16 que se celebrará en Hossegor, Francia, en setembro. Este circuíto consta de 2 probas a nivel estatal.

Fonte orixinal: http://kikearadas.blogspot.com/2009/07/kings-of-groms.html

Web do evento: http://www.kotg.es/

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.