CAV Junior Series - Praia do Orzán - 1 de Agosto

Mañá ponse en marcha a inscrición para o Campionato de Surf Sub-21 que se celebrará na praia do Orzán o próximo 1 de agosto dentro do programa de festas da Coruña. CAV Junior Series ponse en marcha oficialmente coa apertura do prazo de inscrición de participantes no Campionato de Surf Sub-21 que se celebrará o próximo 1 de agosto na praia do Orzán da Coruña. Este acontecemento deportivo abarca un gran número de actividades ademais da propia competición e enmárcase dentro do programa de actos previstos nas festas da cidade.


Cabreiroá e Vazva organizaron na praia do Orzán un gran evento deportivo en torno ao surf. Este evento componse dun Campionato de Surf sub 21 masculino, CAV Junior Series, e un gran despregamento de actividades na area.

O CAV Surfing Project Jr Series albergará a 32 participantes provenientes de calquera rexión ou país. Terán que inscribirse na web www.cavsurfingproject.com a partir do venres 24 de xullo. Trátase dunha macro evento diferente, dirixido aos sub 21 e cun formato de respescas no que os participantes poderán entrar varias veces á auga.

Está previsto que o campionato comece ás 9 da mañá coas fases previas até as 12 e renovarase ás 17 horas coa marea baixando cos cuartos de final e seguintes.

 

Actividades para todos os públicos

Ademais, a partir das 12 da mañá, comezarán diversas actividades na area abertas ao público en xeral como son coreografías e música en directo.

O evento distribuirase por carpas:

Carpa Team Cabreiroa: carpa formada polos integrantes do equipo Cabreiroá e Vazva encabezada polo surfeiro internacional Gony Zubizarreta. Esta carpa dará cabida a charlas, clinics de surfing e entrevistas acerca de experiencias na auga.

Carpa Artistas: existirá a posibilidade de pintar táboas cos mellores artistas a nivel nacional (Xurxo de Marvel ou Sekone), debuxar camisetas e postais relacionadas co evento ou talleres de cómic.

Carpa Galicia: carpa na que estarán os tres mellores fotógrafos do mundo do surfing a nivel nacional, tanto acuáticos como de terra, e asistirán os propietarios dos dous blogs máis visitados en Galicia que mediante clinics e charlas explicarán o funcionamento dos mesmos.

Carpa Saúde: carpa na que se realizasen actividades relacionadas co Pilates e o ioga aplicado ao surfing, así como cursos de respiración para afrontar situacións críticas impartidas por técnicos e Gony Zubizarreta.

Carpa VSSchool: carpa dedicada á iniciación do surfing como bautismo dirixido a todas as idades. Haberá cursos para menores de 9 anos, nenas, nenos e adultos.

O evento finalizase cunha exhibición de surfing ás 19.00h, previa á entrega de premios.

www.cavsurfingproject.com

NOTA: Para obter calquera información adicional sobre este evento, podedes contactar a Óscar Vales no teléfono 678 95 00 22

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.