Quentando os motores do XXII Pantín Classic 2009

A XXII edición de movistar Pantín Classic está a piques de dar o seu pistoletazo de saída. A menos dunha semana de que de comezo, 150 surfeiros internacionais confirmaron a súa participación. Do 8 ao 13 de setembro, todos os amantes do surf poderán achegarse ao areal de Valdoviño (Pantín-Ferrol) e vivir de primeira man a emoción dunha das probas de 5 * do Campionato do Mundo de Surf WQS. Foto: Gony Zubizarreta

 Gony Zubizarreta

Entre os participantes, será de gran expectación a presenza do vigués Gony Zubizarreta, do movistar Team, que actualmente, xunto co seu compañeiro de equipo Jonathan González, son os mellores españois situados no ranking mundial do circuíto WQS (World Qualyfing Series). Ademais destaca a presenza dos surfeiros do equipo Arnette Indar Unanue e Txaber Trojaola, que recentemente se proclamou subcampión na proba de Inglaterra e ocupa na actualidade o 4º posto en Europa.Foto: Txaber Trojaola

Txaber Trojaola


No panorama internacional destaca a presenza de 5 surfeiros competidores no Circuíto WCT (World Championship Tour) –composto polos 44 mellores surfeiros do mundo-. Riders do nivel de Leonardo Neves (BRA), Rodrigo Dornelles (BRA), Royden Brayson (ZAF), Luke Munro (AUS) ou Neco Padarazt (BRA), farán que esta competición sexa todo un espectáculo do mellor surf. Ademais, tamén participará o gañador da pasada edición de Pantín Classic William Cardoso (BRA) que chega a augas ferrolás en plena forma tras haberse alzado coa vitoria na proba dos Azores (Portugal).

Ademais do campionato, desenvolveranse unha serie de actividades paralelas aos días da competición, como o sorteo das táboas de Txaber e Indar, ou o sorteo de cinco Surf Trip co surfeiro Gony Zubizarreta, no que se percorrerán as praias máis emblemáticas de Ferrol . Tamén, o fin de semana os surfeiros Arnette estarán a asinar autógrafos a todos os seus seguidores. Foto: Jonathan González

Jonathan González

Grazas ao apoio de patrocinadores como Telefónica movistar, Estrela Galicia, arnette, MINI, Ou´Neill, Red Bull, Xunta de Galicia e Xacobeo, Pantín Classic foi crecendo progresivamente. En 2006 foi un 3*, en 2007 conseguiu as 4*, o ano pasado logrou as 5* e este ano logrou manterse. é evidente que o prestixio do Campionato foi en paralelo á evolución do mesmo co traballo destes catro anos.

Pantín Classic promete dar moito espectáculo con estes grandes deportistas que chegan a terras ferrolás de distintos puntos do mundo para gozar dunha das praias máis queridas polos surfeiros.

Artigo orixinal: http://www.canalsurfboard.com/content/view/1462/8/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.