Gony CAMPIÓN!! Primeiro no 5*WQS de Zarautz

Gonzalo Zubizarreta venceu no ASP World Qualifying Series WQS 5-Star San Miguel Pro Zarautz despois de gañar a  Blake Thornton (AUS) en ondas de un metro. Gony suma 2000 puntos e finaliza a competición por encima dos 144 outros participantes despois de 4 días de competición. Deste xeito o vigués asegura o seu posto no Top 20 do WQS e xa está perto dos 10.000 puntos no ranking WQS.

Zubizarreta eliminou a Dion Atkinson (AUS), Patrick Gudauskas (USA) e Glenn Hall (IRL) antes da final. Está é unha das victorias máis importantes na súa carreira deportiva. 


Segundo comenta Gony no seu blog en inglés: "Esto é un soño cojvertido en realidade, non mo podo crer que gañei o este campionato", "Dende que deixei as series junior, sempre estiven buscando entrar nunha final dun evento importante e por fin o acadei e gañei o campionato. Eu estaba ben esta semana e tiña moito apoio da xente, estaba relaxado na final e deixeime levar na auga polo meu surfe e todo saiu ben. Estou sorprendido."

Get the FULL NEWS of the day by clicking on the NEWS link above

SAN MIGUEL PRO ZARAUTZ FINAL
1st, Gony Zubizarreta (GZ) 12.73 pts
2nd, Blake Thornton (AUS) 11.87 pts

SAN MIGUEL PRO ZARAUTZ SEMIFINALS
Heat 1: Blake Thornton (AUS) 13.80 pts Def. Nathan Yeomans (USA) 12.67 pts
Heat 2: Gony Zibizarreta (GZ) 13.83 pts Def. Glenn Hall (IRL) 13.20 pts

SAN MIGUEL PRO ZARAUTZ QUARTERFINALS
Heat 1: Nathan Yeomans (USA) 16.23 pts Def. Leigh Sedley (AUS) 14.94 pts
Heat 2: Blake Thornton (AUS) 15.17 pts Def. Tanner Gudauskas (USA) 11.50 pts
Heat 3: Gony Zubizarreta (GZ) 13.94 pts Def. Patrick Gudauskas (USA) 11.50 pts
Heat 4: Glenn Hall (IRL) 11.50 pts Def. Luke Munro (AUS) 8.50 pts


Tedes máis fotos no blog de Gony: http://gonyzubizarreta.blogspot.com/2009/09/i-won-zarautz-pro.html

Noticia na web da ASP: http://www.aspeurope.com/live/zarautz09/


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.