Campionato de España Open - Praia da Lanzada

A fin de semana do 3 e 4 de Outubro, os clubes de surf Raspas e Osíxeno, xunto ao Concello do Grove e a FES organizan unha proba do Campionato de España na praia da Lanzada. Os prezos da Inscrición serán 25 € para os federados polas FES e 40 € para o non federados (inclúese o prezo da ficha).

A inscrición inclúe camiseta de Reizentolo , comida, bebida; e cea fría con viño e cervexas no Náutico de San Vicente (sábado noite) coa actuación de Marvel e presentacion de vídeos de Quiksilver. O numero de conta e máis información porase na páxina das FES en breve, tamén se pode obter chamando a Sergio Lage ao 658919779  ou en Mission no 986853696. As inscricións pecharanse o día 1 de Outubro. O ingreso podédelo facer da seguinte forma:

Campionato de España Zentolo Surf

na Caixa, número de conta  2100-2188-85-0200257108 indicando nome e apelidos e modalidade na que participades.

As categorías serán: Surf, Longboard e Surf Open Feminino (non oficial)

Os  trofeos serán de deseño exclusivo de Zorlak Surfboards.

Artigo orixinal: http://www.oestesurf.com/$weblog/2009/09/15/campeonato_de_espana_en_a_lanzada

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.