Campionato 30º Aniversario Arealonga Surf

A praia de As Furnas acollerá este 25 de Xuño a cerimonia de celebración do 30 aniversario do club de surf Arealonga a iniciativa do propio club e co Patrocinio do Concello de Porto do Son e a Federación Galega de Surf. Este evento tamén conta coa colaboración doutras moitas marcas e asociacións que son parte deste clube e ás que lle queremos dar visibilidade. nEste evento enmárcase dentro dun ciclo de actividades como limpeza de praias, campionato, sorteos e concertos.

O clube de surf Arealonga, nace no ano 1992 produto dun movemento surfista que ve a necesidade de organizarse para promover e defender a cultura do surf: protexer as praias e espazos naturais, promoción do deporte a través da competición, realización de eventos, accións formativas,  clínic colexios, limpeza de praias…

Así mesmo, devandito clube foi un gran propulsor do resto de escolas e clubes da zona, converténdose nun clube de surf histórico no Barbanza para o desenvolvemento do noso deporte no territorio local.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.