3ª Etapa da Liga Galega de Surf Kids e Junior en Bastiagueiro

Velaquí tedes o resumo da terceira etapa da Liga Galega de Surf Kids e Junior celebrada a pasada semana na praia de Bastiagueiro, no Concello de Oleiros.

Con140 inscritos entre ambas xornadas foi un evento con unha elevada participación que demostra a forza da rapazada na auga e o traballo dos clubes. A xornada do sábado transcorreu con ondas ao redor de medio metro con múltiples picos ideais para as novas promesas. Foi un día de moita choiva que non remitiu dende primeira hora ata a última manga do día.

Todo isto valeu para descubrir quen foron os mellores KIDS do circuíto galego nesta terceira etapa da liga galega de surf SUB 14/12/10 masculina e feminina.

A sesión do domingo amenceu nun día soleado con ondas da moita calidade e tamaño. Xornada idónea de condicións nesta ocasión para os máis vellos da Liga (JUNIOR) SUB 16/18/21 que surfearon boas ondas pola mañá na praia de Bastiagueiro e de moita calidade pola tarde.

O surf galego celebrou esta fin de semana a súa festa habitual en Oleiros e a saúde do surf galego está en plena forma!

Watch the video

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.