Voltan as Gony Z Series á praia de Patos

Un ano máis o evento de Gony Zubizarreta regresa á praia de Patos. Os mellores surfeiros locais competirán de novo con surfeiros chegados de toda Europa.

Un campionato cheo de esencia e co máximo nivel como cada ano. Este sábado 3 de decembro dá comezo unha nova edición do que será de novo un éxito do Vigo Mafia Surf Club e do máis internacional dos nosos surfeiros.

Tras a entrega de premios teremos sesión after surfing con sorpresas. Esperámosche en Patos Beach, Rías Baixas!

Vídeo oficial das Gony Z Series 2019

GONY Z SERIES 2022: LET THE KIDS RIDE FREE

Presentado pola CONSERVEIRA DO SURF

Organiza: VIGO MAFIA SURF CLUB e Federación Galega de Surf

Patrocina: VOLCOM, CABREIROÁ, SURF MARKET, JAM TRACTION, DEEPLY, SEMENTE, WASTED e UP SURFBOARDS.

Check in: sábado 3 de decembro ás 8:00 am na CONSERVEIRA DO SURF

Categorias: OPEN masculino e feminino
Prezo inscrición: 30€
Inscricións en info(arroba)laconserveradelsurf.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.