A principios de Decembro deixou de chover uns días e o sol regalóunos un pouco de surfing con bo tempo e boas ondas. Os surfeiros do Outsiders Surf Clube aproveitaron pra sairen a mar aberto a surfear unha das súas ondas preferidas, acompañados por José Mendiola, un surfeiro vigués, moi habitual da zona e gran coñecedor de toda a costa galega.