O pasado xoves Papa Noel estivo surfeando en Nigrán con boas ondas na praia de Patos. De novo, a praia máis popular das Rías Baixas, foi o lugar perfecto para celebrar o Nadal e como en anos anteriores con carácter solidario xa que todos os participantes tiveron que traer un quilo de comida non perecedoira que se entregase ao acabar o acto aos servizos sociais do Concello de Nigran.
Organizado polo Concello de Nigran, a Federación Galega de surf e as cinco escolas de surf locais: Patos Surf Escola, Prado Surf Escola, Point break Patos, Dacss formación e La Conservera del Surf.