Dende a Federación Galega de Surf queremos desexarvos felices festas e un moi feliz 2023. Aproveitamos a ocasión para indicarvos que as licenzas federativas 2022 deixarán de estar en vigor o 31 de decembro e a partir do día 1 de xaneiro xa podedes solicitar as novas licenzas federativas para 2023, no apartado FEDÉRATE da nosa web.
Para aqueles federados que marcastes renovación automática por domiciliación bancaria, se non queredes seguir pertencendo á FGS, indicárnolo por favor mediante correo electrónico a
Así mesmo lembrarvos algunhas das vantaxes de estar federado:
- Federarte é practicar Deporte Seguro.
É, probablemente, a vantaxe máis coñecida: o seguro médico. A túa licenza federativa de surf inclúe cobertura médica en caso de accidente non só se estás a competir se non, tamen, cando adestras. Todas as coberturas do seguro e protocolo a seguir en caso de accidente na sección descargas da nosa web.
- Federarte é Gozar do surf con garantías.
A túa licenza federativa darache opción de competir nos circuítos locais, autonómicos ou nacionais, e por suposto, en todos os campionatos oficiais da federación. ¿Por qué é importante isto? Porque se tratan de eventos oficiais celebrados conforme a estándares de organización e seguridade recoñecidos.
- Federarte é Competir.
Participar en probas federadas habilítache para aparecer na diferentes clasificación ou clasificacións oficiais (provincial, autonómico, nacional e internacional). Supón unha motivación extra para crecer e evolucionar deportivamente.
- Federarte é Formar parte.
Ser federado ou federada é ser parte dun grupo de deportistas que comparten unha paixón e exhiben un mesmo compromiso. Dalgunha forma, a túa licenza federativa acredítache como representante do noso deporte, como embaixador/a do surf, e únete ao resto de compañeiros/ as nunha comunidade que supera as 50.000 persoas en España.
Vémonos en 2023 un saúdo e boas ondas!!
FEDÉRATE AQUÍ: https://my.fgsurf.org/#/associations/groups