I Encontro de Surf para moi capacitados

O próximo 18 de xuño, co gallo do “día do deporte na rúa” que organiza @corunadeportes, o Clube de Surf Lobos de Mar estará a apoiar e colaborará no evento “MOI CAPACITADOS”que se realizará este domingo, 18 de Xuño, a partir das 9 da mañá. Unha primeira toma de contacto co surf e o mar dirixida a persoas de diferentes capacidades. Este evento é unha iniciativa do noso gran campión Dani Souto.
 
Un encontro de surf adaptado onde queremos facer visible esta modalidade de surfing.

Con este fin, precisan de persoas voluntarias de apoio coas seguintes características:

- Monitores de surf.

- Médicos.

-Fisioterapeutas.

-Surfistas experimentados de apoio.

Se che interesa, podes poñerte en contacto coa FGS vía email no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou vía whatsapp no número 652445806 o tamén podedes contactar a través do email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.