Resumo do Campionato de España por Comunidades celebrado na praia de A Frouxeira, en Valdoviño, o pasado mes de Xuño e que rematou coa victoria de Canarias e a medalla de prata para Galicia.
Un día máis de intensa actividade na praia galega de A Froxeira, a terceira xornada de competición no Campionato de España de Surf por Comunidades Autónomas confirmou a vitoria do equipo canario, que revalida o título logrado o pasado ano.
O día arrincaba coas roldas de semifinais pendentes do día anterior nas modalidades de SUP ondas, bodyboard sub14, surf sub14, e longboard sub18 e longboard open feminino, para a continuación comezar con outras once emocionantes finais.
A cerimonia de entrega de premios foi o colofón a tres días de intensa competición e compañeirismo entre os participantes. A selección canaria subía ao podium como Campioa de España revalidando o título e consolidando o seu hegemonia con oito titulos nas súas vitrinas.
Resultados Finais:
1 – Canarias 20.145 Ptos
2 – Galicia – 18.715 Ptos
3 – Cantabria – 18.310 Ptos
4 – Asturias – 17.601 Ptos
5 – Cataluña – 15.763 Ptos
6 – Andalucía – 15.195 Ptos
7 – Murcia – 14.755 Ptos