Novas datas para o Campionato galego de Clubes, Kids e Xuvenil na praia de Soesto

Novas datas do Campionato Galego Clubes, Kids e Xuvenil, dende a Federación Galega de surf queremos confirmar as novas datas do campionato galego de surf Kids e Xuvenil que se desenrolará na praia de Soesto (Concello de Laxe) os días 30 de setembro e 1 de Outubro. Asimesmo o campionato galego por clubes terá lugar dentro de Campionato galego Máster e Open os días 26, 27 e 28 de Agosto nas actividades do Abanca Pantin Classic Galicia Pro.

--------------------------

Xa está Convocado o Campionato galego de Clubes, Kids e Xuvenil na praia de Soesto, no Concello de Laxe, os vindeiros días 11, 12 e 13 de agosto.

O Campionato Galego Kids e Xuvenil farase en dous días, é dicir, un día Kids, outro Xuvenil e outro clubes, según as condicións do mar.

O Campionato Galego de Clubes ten un novo formato. A partir deste ano o campionato será por equipos que estarán constituídos polas seguintes categorías:

  • Surf open masculino
  • Surf open feminino
  • Bodyboard open (mixta)
  • Longboard open (mixta)
  • SUP Ondas open (mixta)
  • Surf sub18 masculino
  • Surf sub18 Feminino

Os compoñentes dos equipos deben ser nados en Galicia ou deben ter un ano de residencia certificada. Os equipos deben contar con, polo menos, unha muller nas categorías mixtas. O número máximo de clubes é oito. No caso de superarse ese número collerase o ránking de clubes do ano 2022.

Pódense facer fusións entre clubes e, se se der o caso de quedar no podium, estes figurarían co nome de representación, é dicir, non quedaría campeón ningún dos dous clubes.

Grazas á colaboración do Concello de Laxe, os clubes que o desexen poden acampar no pabillón de deportes do concello. Nese caso, poden solicitar a súa estancia antes do mércores 9 de agosto no noso email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no whatsapp 600530771.

INSCRICIÓNS:

Incripcions de balde enviando os componentes do equipo o email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. entes do xoves 10 as 13:00h.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.