Por mor das boas previsións para este próximo sábado 22 de xuño damos luz verde ao “V Campionato Viveiro Surfing Family"
O sábado 22 durante todo o dia levaremos a cabo un dia de festa do surfing e competición entre os máis novos do clube, amigos, sol e ondas para todas as categorias! Sorteos, agasallos, musica e diferentes sorpresas durante todo o dia. Moitas grazas en especial a Van Surfshop e os concellos de Mañón e Viveiro por traballar en conxunto connosco para poder facer isto posible. O campionato é INVITACIONAL para todos os mariñáns e escolas amigas do noso clube e totalmente gratuíto, con afán de promover o surf na zona e que sexa un dia de festa para tod@s!
Abrimos inscricións desde agora, ata o xoves 20 ás 20:30. Unha vez inscritos lanzaremos horarios e demas sorpresas. Agradecer a todos os sponsors e empresas locais que nos axudan para facer isto posible. E tamén ás marcas de surfing que achegan os diferentes premios e sorpresas.
A todos os surfers invitados, e amigos, esperamos vervos o Sábado para pasar un dia increible! Estes dias informarémosvos de todas as sorpresas.