Xa temos datas para o campionato "A Coruña King and Queen of the Bay 2024"

A praia do Orzán da Coruña acollerá o Campionato de España de Surf Open en outubro no "A Coruña King and Queen of the Bay". O evento durará tres días e celebrarase a primeira ou terceira fin de semana de outubro, é dicir, o 4, 5, 6 ou o 18, 19 ou 20, dependendo das condicións do mar, segundo detalla a organización.

O campiontato "A Coruña King and Queen of the Bay" dará ademais o Trofeo Tito Fariña á mellor onda, co nome do histórico surfeiro galego que conta cunha placa na Fonte dos Surfeiros da Coruña.

Ademais, durante a fin de semana no que se celebre a cita haberá música e gastronomía, surfing nocturno e outras moitas actividades, entre elas, unha clase de surf adaptado, charlas, unha rampla de skate con actividades e merchandising dispoñible.

O evento está organizado pola Federación Galega de Surf, o Concello da Coruña e a Federación Española de Surf.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.