Román Díez, elixido novo presidente da Federación Española de Surfing

O surfeiro, shaper e presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez foi elixido por como novo presidente da Federación Española de Surf para os próximos catro anos. Román Díez é o novo presidente, tras a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 28 de outubro de 2024. Díez, quen vén de presidir a Federación Galega de Surf, asume este cargo coa misión de fortalecer o crecemento e consolidación do surf en España.

Román Díez chega á presidencia co obxectivo de impulsar o crecemento do surf, especialmente tras a inclusión do deporte nos Xogos Olímpicos. A federación xa puxo en marcha unha análise integral da súa situación actual, coa intención de tomar decisións estratéxicas que favorezan aos deportistas e á comunidade de surf en xeral. O enfoque desta nova etapa será traballar de forma constante e humilde para fortalecer a nosa disciplina e levala todo o máis alto.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.