Mateo Saco elixido novo Presidente da Federación Galega de Surf

O pasado día 11 de decembro de 2024 proclamabase presidente da Federación Galega de Surf a Mateo Saco Fernández. Logo do proceso electoral lévado a cabo tras a dimisión de Román Diez Gonzalez. Deixámovos una carta de benvida do noso novo presidente:

Boas a todos!

Quería dirixirme a toda a comunidade surfeira galega para agradecer o apoio recibido e os ánimos transmitidos para empezar esta nova etapa como presidente da nosa Federación. Unha Federación da que formo parte dende ben pequeno; como deportista, técnico e os último dous anos como Vicepresidente.

Dende a honra e a responsabilidade que supón para min, comprométome a dalo todo dende xa e traballar para que o surfing galego sexa recoñecido en todo o mundo. Temos moitas ideas e liñas nas que traballar: comunicación, comercial, formación, económica e organizativa-mente pero nunca perderemos de vista a nosa vocación deportiva; e que todas as áreas nas que vamos a implantar melloras teñen un obxectivo claro: formar e facer progresar aos nosos deportistas.

Por iso, durante estes primeiros meses queremos pararnos a analizar para poder implantar todas estas novas medidas. Son tempos de cambio no que calquera axuda e boa, temos que arrimalo ombro para poder comezar o 2025 da mellor maneira.

Unha Federación unida e sinónimo de bo éxito, por iso convídovos a contactar comigo para calquera dúbida, aportación ou suxestión. Poderedes solicitar o meu contacto nas canles habituais da Federación, e non dubidedes que estarei encantado de escoitarvos e debater sobre este novo rumbo que comezamos todos xuntos desde xa.

Quería aproveitar tamén para agradecer o traballo do noso anterior Presidente Roman, o cal levou a cabo unha labor excelente durante estes últimos anos; así como todos os anteriores Presidentes, traballadores, asembleístas e deportistas que fixeron posible que a nosa Federación sexa o que é hoxe en día.

Sen máis, aproveito tamén para desexarvos un Bo Nadal e un próspero ano 2025 cheo de éxitos no surfing galego.

Grazas e boas ondas!!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.