Máis de 200 asistentes das 5 escolas de surf da praia de Patos déronse cita como cada ano para surfear disfrazados de Papa Noel e celebrar o Nadal. Un ano máis chegan os PAPÁ NOELES SURFISTAS a Patos , será o 23 de decembro organizado polo Concello de Nigran e a asociación de escolas de surf de Patos.
Como cada ano terá un fin solidario. Este vez faremos unha recollida especial de xoguetes novos en colaboración coa asociación de bombeiros de Vigo, para os nenos afectados pola Dana de Valencia.