Neste vídeo fágovos o unboxing das miñas dúas novas táboas de Honey Surfboards grazas a SurfMarket. Preséntovos a Honey Sugarbag 5'10'', sempre no meu quiver, e un novo modelo Honey Astro Twin en medida 6'6'' que teño moitas ganas de probar.
Sen dúbida unha das cousas que máis ilusión fainos aos surfeiros é ter novas táboas de surf. Acórdome cando tiña 15-16 anos que facía virguerías para poder pillar unha táboa nova (vendía táboas vellas, trabajadaba no que podía para aforrar algo de diñeiro, regateaba coas tendas...) e sempre as pillaba de segunda man porque non tiña para máis. Recibir dúas táboas novas así de golpe para o meu é algo que me fai unha ilusión incrible, creo que se pode apreciar no vídeo.
Desde aquí dar as grazas de novo ao equipo de Honey surfboards e Surfmarket polo trato recibido ao longo de tantos anos, son uns cracks tanto profesional como persoalmente. Non dubidedes en contactarlles se necesitades calquera material de surf.
Tedes máis info nas seguintes ligazóns: Honey Astro Twin e Honey Sugarbag