A icónica Praia da Arda, tamén coñecida como “Mariana”, acollerá os días 2 e 3 de agosto unha nova edición do histórico Luso Galaico, que celebra este ano a súa vixésimo sexta edición dentro do marco do Viana Surf City Festival 2025.
Durante toda a fin de semana, surfistas galegos e portugueses volverán a compartir ondas e camaradaría nun evento que aposta pola unión cultural e deportiva a ambos lados do Miño. O campionato contará coas categorías Open e Feminina en Surf, Bodyboard e Longboard, nun formato pensado para promover a participación e a visibilidade do talento local e peninsular.
🔹 Organizan:
- Surf Clube de Viana (@surfclubedeviana) e Federación Galega de Surf (@fgsurf)
🔹 Inscricións:
- Exclusivas para federados (FPS/FGS)
- Data límite: 30 de xullo
- Prezo: 20€
🔹 Info adicional: Consultar as bios oficiais nas redes sociais das entidades organizadoras.
O Luso Galaico é máis ca un campionato: é unha celebración da irmandade atlántica, do respecto polo mar e do espírito do surf.
🌊 BEM-VINDOS! BENVIDOS! 💙🤍