GADIS Surf Festival Ferrol Highlights | Day 1 | Pro Junior

A surfista ferrolá Ana Piñón (RMS) e o estradense Alejo ‘Keko’ Ferreiro, xunto cos vigueses Daniela Alonso e Teo García, acadaron este mércores o pase directo á competición principal da Liga Mundial de Surf Profesional – Junior QS 1000 no marco do Gadis Surf Festival Ferrol.

Foi nos trials galegos, disputados dende primeira hora da mañá nas augas de Esmelle, onde participaron 16 rapaces e 8 rapazas baixo a organización da Federación Galega de Surf. Piñón, que adestra habitualmente en Pantín (Valdoviño) e vive un gran momento deportivo, destacou con claridade sobre as súas rivais e proclamouse vencedora, mentres Ferreiro facía o mesmo na categoría masculina, nun ano especialmente brillante para o surfista da Estrada.

Este proceso de selección ofrece aos e ás surfistas galegos a oportunidade de conseguir unha wildcard –un convite directo– para entrar no cadro principal da competición, e este mércores estaban en xogo catro prazas. A xornada estivo marcada por ondas longas, maniobrables e moi divertidas, que favoreceron o espectáculo e o bo nivel técnico dos participantes.

ESPAZOS DE CONCILIACIÓN E BAUTISMOS DE SURF PARA TODA A FAMILIA

No camping de As Cabazas están xa en funcionamento todos os espazos de conciliación corresponsables, operativos en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 h, así como a rampa de skate, a ruleta de premios de Parque Ferrol, e o resto de zonas de lecer e restauración do evento.

A primeira xornada comezou cunha pequena treboada que deu paso a unha tarde asollada e perfecta para gozar deste arranque de verán no Gadis Surf Festival Ferrol, nun ambiente familiar, deportivo e cheo de propostas para todas as idades.

Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.