O mar non se pecha. O mar respéctase.

O mar non se pecha. O mar respéctase.

Galicia é mar. É vento, é marea, é forza brava e tamén calma. E para milleiros de nós, é moito máis ca unha paisaxe: é fogar, cultura, identidade e forma de vida.

Medramos aprendendo a lelo. A entender as correntes, o fondo, os refachos, os cambios do ceo. Aprendemos a respectalo, non a temelo.

Por iso non podemos aceptar que se nos prohiba practicar surf de maneira xeral e automática cada vez que se activa unha alerta meteorolóxica.
Porque quen surfea en Galicia sabe que: non todas as praias son iguais, non todas as mareas son perigosas, non todas as condicións supoñen risco.

A nosa costa é diversa. A súa orografía e batimetría crean zonas protexidas, enseadas seguras, espazos onde o mar se pode gozar con responsabilidade incluso cando o exterior é duro.

O surf non é imprudencia. É coñecemento, experiencia e respecto. Non pedimos privilexios. Pedimos sentido común. Pedimos protocolos que teñan en conta a realidade do noso litoral. Pedimos decisións técnicas, non prohibicións xerais. Pedimos confianza nunha comunidade que leva décadas convivindo co mar.

Porque o surf é deporte. É saúde física e mental. É economía local. É mocidade. É educación ambiental. É futuro. Pechar o mar é afastarnos do que somos.

Defendemos a seguridade, sempre. Pero tamén defendemos o dereito a practicar o noso deporte con responsabilidade, criterio e liberdade. Galicia non se entende sen o océano. E nós non nos entendemos sen surfear.

💙 Polo mar.
💙Pola nosa cultura.
💙Polo dereito a seguir entrando na auga.

O mar non se pecha. O mar vívese.

 📢 Comparte este manifesto a axuda a defender o noso dereito a surfear

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.