Estas son as imaxes publicadas no blog d'Os Tombos da Costa da Morte do actual estado de suciedade na que se atopa a praia de Nemiña. O estado da praia despois dos temporais de inverno é moi malo e por iso van organizar unha limpeza este mes de Marzo.
Este é o texto da nova no blog dos Tombos: "Asi é como se encontra Nemiña hoxe mesmo. E como Nemiña moitas míis pois o mar de fondo e os temporais que houbo este inverno deixaron moita basura e rastroxos en todalas praias da zona. Quen puidera limpalas todas pero facemolo en Nemiña por ser a praia de referencia no surf da zona pois o de limpalas todas correspondelle a outras persoas,nos so aportamos un pequeno gran de area,unha protesta pacifica polo malestar que sentimos en chegar a un paraiso e encontralo asi.
Esperamos que a xente que soe practicar surf pola zona, se animen a acompañarnos este ano na Limpeza que se vai a facer en Nemiña. Xuntémonos moitos en protesta para que as praias estén limpas todo ano. O maravilloso desta nosa terra son as paisaxes, é polo que a xente ven aquí, e así os coidamos?? Volvemos animarvos a que participedes, por un litoral limpo¡¡ Que parece que non aprendemos nada."
Se queredes participar na Limpeza podedes contactar con Felipe no seguinte email:
Artigo orixinal: http://clubsurfostombos.blogspot.com/2010/03/limpezqa-de-praias.html