A International Surfing Association abriu o prazo de matriculación no seu programa de apoio ás futuras promesas do surf para o ano 2011. Os aspirantes deberán demostrar necesitar apoio económico, atoparse realizando estudos oficiais e contar cun bo expediente académico.
O principal obxectivo do Programa de Bolsas Individuais da ISA non é outro que prover apoio financeiro aos surfeiros xuvenís (até 18 anos cumpridos) que demostren necesitalo, para así facilitarlles a práctica do deporte e incentivar a súa educación.
O 2011 será o quinto ano consecutivo deste programa onde se outorgarán 25 axudas de 1.000 dólares cada unha. No 2010 un total de 25 surfeiros de Africa, Australasia, América e Europa recibiron apoio económico para que puidesen seguir desenvolvendo as súas técnicas de surf, estudantes e exemplos a seguir nos seus países e en toda a comunidade surfeira.
O prazo para recibir as solicitudes finalizará o 31 de Xaneiro de 2011.
Máis info:
http://isasurf.org/devprograms_scholarship.php
Fonte da noticia:
http://www.surfcantabria.com/07/index.php?option=com_content&task=view&id=1070&Itemid=48