O vindeiro xoves 23 a xente de Prado Surf Escola vai celebrar a súa tradicional XORNADA DE SURF DO NADAL ás 16.00 horas na Praia de Patos. Todos os participantes recibirán disfraces de Papa Noel para recibir o nadal ao estilo australiano: collendo ondas. Este ano como novidade contaremos coa chegada de Papa-Noel en Paddle-Surf. Posteriormente merenda do Nadal acompañada de chocolate quente.
Tod@s os que queirades asistir e non teñades material de surf non vos preocupedes, a escola proporcionarávolo.
Máis info en: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=184913418191271