Por sexto ano consecutivo Papa Noel vai pasar pola praia de Patos ás 11 da mañán do 23 de decembro. Tamén vai haber clases de surf de balde disfrazados de Papa Noeis con neopreno e prancha de surf incluida. O Patos Surf Clube anima a toda a xente interesada a pasar pola praia de Patos e unirse a este evento. E como non, ao terminar, agasallos para os nenos que foron bos e polvorones con chocolate quente para todo o mundo, e un típico brinde do Nadal con champaña.
Video da edición do 2009
Máis info en:
http://patosurfclub.blogspot.com/