Papa Noel vai estar en Patos o día 23!

Por sexto ano consecutivo Papa Noel vai pasar pola praia de Patos ás 11 da mañán do 23 de decembro. Tamén vai haber clases de surf de balde disfrazados de Papa Noeis con neopreno e prancha de surf incluida. O Patos Surf Clube anima a toda a xente interesada a pasar pola praia de Patos e unirse a este evento. E como non, ao terminar, agasallos para os nenos que foron bos e polvorones con chocolate quente para todo o mundo,  e un típico brinde do Nadal con champaña.

Video da edición do 2009

Máis info en:

http://patosurfclub.blogspot.com/


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com