Bodyboard antes que Surf?

Moitos pais pregúntanme si non é mellor que o seu rapaz empece facendo body antes de empezar directamente co surf (normalmente son as nais, preocupadas pola dureza da táboa e os posibles golpes). Moitos surfistas, ante esta pregunta, responden casi sobresaltados con un NON rotundo, como si o body fose causar algún tipo de alerxia crónica nos rapaces. Eu sempre respondo que non é necesario facer body como paso previo a iniciarse no surf.

Pero ninguén pode negar que un bodyboard (máis pequeno e blando que unha táboa de surf) e un par de aletas (nádase mellor en caso de perdela táboa) da moita máis seguridade e confianza na auga. Sobretodo cando alguén está empezando. De feito, cando expertos bodyboarders se pasan ó surf, e durante ese proceso de cambio leva no coche as dúas táboas...cando as olas están grandes ou son moi fortes, collen o body. Porqué? entre outras cousas porque da máis confianza, menos medo.

Por isto, cando a alguén lle gustaría facer surf pero unha das barreiras que llo impide é o medo, eu recomendo empezar co body. Hai que ter en conta que o medo é unha sensación irracional, e en moitas ocasións, por moito que argumentes, non serás capaz de convencer á persoa de que o surf non é tan perigoso como se pensa. Sempre poño o mesmo exemplo cando falo de coñecer o mar e dominar o "método de transporte" co que te moves por el:

Nunha cidade, hai cousas que deben de aprenderse: unhas sinaiss nas que fixarse, semáforos, liñas no chan, normas de circulación, saber que hai conductores que van coma tolos, rúas sen saída, stops, direccións prohibidas, etc...

E si se intenta aprender iso ó mesmo tempo que aprendes a conducir (quita freno de man, pisa embrague, pon marcha, solta embrague e acelera, frena, reduce...) pódese alcanzar un grado de estrés importante :)

O mellor é aprender a domina-lo coche nun descampado, e despois meterse co coche na cidade (na primeira sesión, familiarizarse coa táboa no mar, pero sen olas). Coñecer como funciona o tráfico nunha cidade como peatón, de forma segura, e unha vez que se sabe á perfección como funciona a circulación nunha cidade, meterte co coche. (Coñecelo mar e as olas cun bodyboard, que aporta máis confianza, para que cando un se meta no mar coa táboa de surf, estea máis tranquilo e nun medio coñecido)

Isto obviamente é o que opino eu. Supoño que non todos estaredes de acordo.

Martín é un rapaz que empezou a facer surf o verán pasado, nas clases que din en Carnota. Xa facía un pouquiño de body, polo que o mar e as olas non era un medio novedoso para el.Na seguinte foto podedes mirar a Martín nas súas primeiras clases

Onte envioume unha foto na que podemos ver o que evolucionou.
 
Obviamente non estou dicindo que evolucionase así de rápido por ter feito body con anterioridade. O rapaz ten cualidades, actitude e o máis importante: GANAS!!
 
Artigo escrito por Rubén Prieto 
Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.