Nesta nova entrega de 'Ojo de Pez' tedes unha boa reportaxe sobre Kako García e os seus alumnos nun día normal de adestramento na súa vida. En didáctica falan un pouco sobre o Paddle Surf e o equipamento necesario pra practicalo. Manuel Estévez é o peixe deste episodio e Jaji Online entrevista en persoa a Pablo Gutiérrez, o mellor rider cántabro dos últimos anos.