Imberno - Un film de Surf

Igor Bellido - Cada viaxe que realizamos está marcado por un inicio e un final. O inicio empeza coa ilusión de coñecer lugares diferentes e vivir experiencias novas. O final define o momento no que todo se acaba e toca volver á realidade. Pero entre eses dous momentos suceden certas cousas que por moito que tentes explicarlle aos demais, ninguén as chega a comprender do todo.

Imberno preséntanos unha viaxe trepidante a unha velocidade absorbente polas Illas Canarias, onde o surf é o motor que move un pequeno universo cheo de grandes tolemias. Atréveche a apostarcho todo xogando ao poker debaixo da auga ou quitándolle a roupa a un par de mozas de ilusión. Esta película teno todo, só necesitas escapar do frío e a monotonía para así vivir o mellor 'Imberno' da túa vida.


Web de Igor Bellido:

www.creadordesensaciones.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.