Irene Aneiros gaña o premio da mellor foto de surf XXL de Galicia

Surf XXL Galicia

Seguimos adiante coa publicación dos resultados do primeiro Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia co vencedor da categoría de ondas XXL e o gañador é Irene Aneiros, unha nova fotógrafa da costa ferrolá que colabora con Karpe North Coast estes últimos tempos e estivo presente na famosa sesión das Tremosas o ano pasado. Irene captou un dos momentos más intensos da sesión con esta foto dunha onda xigantesca rompendo diante de varias motos de auga.

Noraboa a Irene pola súa foto que leva un cheque de regalo de Surfmarket.org por valor de 90 euros e unha sudadeira de TSP - The Surfeiros Piratas. Podedes seguir o traballo desta gran fotógrafo no blog de Karpe Norht Coast.

Debaixo tedes as outras fotos destacadas que participaron no concurso na categoría de ondas xigantes.

Surf XXL Galicia

Foto enviada por Fotosplino

Surf XXL Galicia

Foto de Camila Fernández

Surf XXL Galicia

Foto de Jorge Touriño

Surf XXL Galicia

Foto de Maria

Surf XXL Galicia

Foto de Patricia Pérez

Surf XXL Galicia

Foto de Silox

O martes que ven publicaremos novos resultados. Estade atentos!!

O xurado do concurso está composto por importantes e destacados personaxes da cultura surfera:

Nova relacionada:

http://www.surfgz.com/surfing/soulsurfing/3167-concurso-fotografia-surf-galicia.html

Outros resultados:

http://www.surfgz.com/longueiron/longueiron/3227-mellor-foto-longboard-galicia-2014.html

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.