Nova escola de surf na Coruña: Soul Surfing

Soul Surfing School é unha nova escola de surf situada na praia de Bastiagueiro (Coruña) a escasos 300 metros da praia. A nova escola está recoñecida polas FES e a ISA, e está dirixida por Bruno Alabau, recoñecido longboarder, adestrador nacional, e o selecionador nacional de surf con Pablo Solar, na actualidade é tecnico-adestrador da seleccion española.

A escola ábrese ao publico co fin de compartir todos os coñecementos adquiridos ao longo dos anos, tanto para iniciación como perfeccionamento e competicion, contando ademas con clinics impartidos polos mais destacados membros do surf nacional e europeo.

Os cursos están dirixidos e impartidos en grupos reducidos por tecnicos titulados, e inclúen todo o material asi como seguro e desprazamento. As clases impártense a diario e tamén a fin de semana.
 
 
Máis info en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.