Proxección "Gauchos del Mar" e "Tierra de Patagones"" en Valdoviño o 20 de Setembro

Gauchos del Mar

ADCSL Praia de Pantín - O vindeiro sábado, 20 de setembro ás 9 da noite, proxectaremos no Auditorio da casa da Cultura do Concello de Valdoviño dúas das películas que estaban programadas na I Mostra de Cine da Praia de Pantín, pero que por motivos de tempo non poideron ser vistas. Julian e Joaquín Azulay son dous irmáns arxentinos que movidos polo soño de surfear as olas do contienente americano, embarcánse nunha aventura que os levará a percorrer os 5.000 kilometros que separan California da Patagonia Chilena.

Trailer oficial de 'Gauchos del Mar'

"Gauchos del Mar" conta a historia desta viaxe na que, ademais de disfrutar do surf en lugares remotos, coñeceremos as historias das diferentes personas que atopan no seu camiño. Unha viaxe pura e apaixonante ao longo do continente americano.

Esta aventura complétase cá segunda parte da súa viaxe a través da Patagonia Arxentina nun film titulado "Tierra de Patagones" e que tamén poderemos ver a continuación.

LEMBRADE!! SÁBADO 20 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE VALDOVIÑO.

+ info en: https://www.facebook.com/adcsl.praiadepantin?fref=ts

Pantin Surf

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.