Martiño Girondo completou a volta ao Barbanza en Kitesurf

Martiño Girondo ven de percorrer este verán toda a costa do Barbanza en Kitesurf. Martiño é o responsable de Galicia Waterman, unha escola onde a filosofia é de respetar o mar, coidalo e disfrutrar del practicando deportes como o surf, paddle surf, kitesurf, etc..  Este desafio surxeu dunha motivación e soño persoal e tamén como promoción do kitesurf.

MARTIÑO GIRONDO

Tal e como nos comenta o protagonista desta aventura: "Eu crieime no Barbanza e percorrelo practicando un dos deportes que máis me gustan foi un gran pracer. Foi un desafio deportivo, xa que ningén o fixera ate agora, conleva preparación, organización, xa que o kite non deixa de ser un deporte de risco e estas travesias son moitas millas polo mar xa que non se vai en liña recta, a travesía tivo moita dificultade técnica."

MARTIÑO GIRONDO

A volta ao Barbanza fíxoa por etapas, algunha delas acompañado por outos deportistas ou barco de control e seguridade e outras totamente en solitario. Dende a praia de Testal en Noia ata a praia de Bamio en Vilagarcia, adaptando as etapas as condicions do vento e do mar. Agora Martiño ten planeado continuar facendo novas travesías o vindeiro ano e ir completando a costa galega en Kitesurf.

Kitesurf galicia

Tedes + info sobre Martiño e o seu proxecto en:

http://www.g-waterman.org/

Kitesurf galicia

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.