Ampliación da data de inscripción ata o 4 marzo-Bloque Específico "Curso de Técnicos Surf"

Debido a problemas co servidor web da Federación Galega de Surf, ampliamos o prazo para inscribirse ata o día 4 de Marzo inclusive, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., tamén se pode facer enviando un fax coa ficha de inscripción ao nº 986299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase facer constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos.  Mais información nos documentos adxuntos.

As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 7 de Marzo as 15:00 na praia de Patos.

FORMACIÓN

Xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico"


A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".

Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.)

 Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en http://www.deportegalego.es/  ou poñéndote en contacto coa Dirección Xeral para o Deporte.

2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com .

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas nunha das escolas homologadas da FGS.

“Bloque Específico”

O curso desenvolverase nos meses de Marzo e Abril de 2009 o lugar de realización será na Coruña e en Vigo,

Ampliación da inscripción ata o 4 de Marzo inclusive

 Federación Galega de Surf
c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO-Galicia
Tel. 986 239095 Fax. 986 299378 Email. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.