Convocadas as axudas ao deporte galego

Xa están publicadas as axudas ao deporte galego. Estas axudas están orientadas aos deportistas para asistir a competicións ou viaxes e tamén para a realización de eventos como campionatos, xornadas, clinics, etc....  O prazo de presentación das solicitudes será de 32 días naturais a contar dende o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no DOG, polo que rematará o próximo 30 de marzo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a IV convocatoria de axudas da Fundación Deporte Galego para a promoción do deporte en Galicia no ano 2009. O obxecto das presentes bases é regular a concesión de axudas en 2009 para o desenvolvemento das seguintes liñas de actuación:

a) Liña I: Organización de eventos.

Organización de eventos deportivos en Galicia, así como a organización de actividades de interese galego orientadas ao fomento, promoción, difusión e formación da práctica
deportiva (campus, congresos, xornadas formativas, etc).

b) Liña II: Participación de deportistas.
Participación de deportistas galegos/as nun evento deportivo (campionato de unha ou máis probas) ou nunha actividade deportiva con requirimentos específicos (expedicións, etc).

Documentos

  • Anexo1 (pdf, 333,23 kb)
  • Anexo 2A (pdf, 256,42 kb)
  • Anexo2B (pdf, 256,41 kb)
  • Anexo3 (pdf, 375,09 kb)
  • Anuncio convocatoria DOG (pdf, 51,62 kb)

Bases axudas (pdf, 159,1 kb)

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.