Video do Entroido surfeiro na praia de Patos organizado polo Patos Surf Clube. O pasado 24 de febreiro (Martes de Entroido) o Patos Surf Clube organizou unha sesión de surf algo especial. O requisito era ir disfrazados á auga.
Houbo xogos e agasallos para todos os asistentes así como unha merenda para despois de tanto exercicio.
Esta foi a I edición e esperamos que cada ano se vaia facendo habitual ver a surfeiros disfrazados na Praia de Patos pasando un bo intre. Moitas grazas a todos e todas por asistir e parabén aos premiados polos mellores disfraces.
Artigo orixinal: http://patosurfclub.blogspot.com/2009/02/carnaval-surfero-en-patos.html