Surf Point! Novo xornal surfeiro online dende Ferrol

Presentamos Surf Point unha nova iniciativa na rede dende Narón feita por Jean Gama, fotografo brasileiro que vive en Ferrol. Este novo xornal de surf e BB con moitas fotos do Pantín Classic 2008, King of the Gromets de Doniños 2008 e fotos de baños libres en Doniños, Ponzos e outras praias galegas.

Tedes fotos de xente como Kako, Yiyi, Occy, Carlos Bremón, Luis Rodríguez, Rafa Dopico, Erica Franco e moitos máis.

Premede nesta ligazón pra mirar esta nova revista!

VISITAR SURF POINT

e boa sorte a Jean Gama neste novo proxecto informativo!

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com