Dentro do tubo...

Esta foto sacouna Dopi e amosa a beleza do tubo. O obxetivo de todos nós cada vez que entramos na auga é facer un tubo profundo e rápido. Mirade esta foto e usade a vosa imaxinación.

O tubo necesita unha onda oca, é dicir que rompa sobre pouco fondo. As ondas de area, coa marea baixa, son frecuentemente ocas. Outro factor para que unha onda sexa oca, é o vento que sopra de terra (off shore). A diferenza doutras manobras, o tubo non é tanto unha cuestión de movemento, senón de posicionamento na onda.

Despois do teu bottom turn, a onda empeza a romper 3 ou 4 m diante de ti. Proxectado polo teu xiro, posche de lado, no sentido de onde rompe a onda, máis ou menos na metade da pendente. Situandote así, adiantas un pouco sobre a táboa, para ir máis rápido, os pés lixeiramente sobre o rail interior, para que este agarre na parte oca da onda. Encóllesche un pouco, acercando as túas nádegas ás pantorrillas e non inclinándo unicamente a parte superior do teu corpo.

Nese momento a onda pasa porriba túa e ti déixasche deslizar conservando a parte dianteira da táboa ben no eixo de onde rompe a onda, dosificando o teu apoio traseiro. Se a onda cáeche encima, grazas á túa posición ben encolleita e á túa velocidade, poderás resistir o impácto... considerando que a onda noi sexa moi mala. Despois xa é un asunto dos pros!

*Importante dentro do tubo:ter unha boa traxectoria na onda,nin demasiado alto,para non ser aspirado pola corrente,nin demasiado baixo para non recibir o impácto da onda durante a manobra.

Boa sorte!!

 

 Dopi

As fotos de Dopi son do artigo:

http://dopi-terrademeigas.blogspot.com/2009/03/en-el-agua.html

Texto do artigo de: http://www.geocities.com/Yosemite/Trails/3771/manu.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.