12 anos de VAZVA

12 anos de alegrías, choros, risas, bailes, pogos, paixóns, amores, odios pero sobre todo, 12 anos que cumprimos o noso obxectivo de non separarnos do que amamos e cremos desde o inicio que é o surfing, o skate, a música e a arte. É o noso manifesto desde o minuto uno e morreremos cos nosos ideais, con aquilo que nos obriga a espertarnos día a día co afán de superación e cuns obxectivos claros baseados no "Stay True" desde o corazón e sen ánimo de sumarnos aos movementos por tendencias.

Somos unha empresa nova e sempre o seremos, pois é a actitude a que define e marca o teu camiño. Por iso, este vídeo é un resumo coa palabra "Grazas" a todos os que sumastes o voso granito de area a VAZVA e que nos fixestes crecer día a día .

Grazas aos nosos atletas ou riders que sen eles esta marca non tería credibilidade, pois son eles os principais embaixadores dos nosos ideais.

Grazas ao noso staff, filmers, fotógrafos, artistas, creativos, bandas e ilustradores, os cales son un alicerce crave desde a formación desta marca, xa que a creatividade é un ben escaso e pouco valorado pero que é clave para seguir fieis lle ás nosas credenciais e a nosa imaxe.

Grazas aos nosos provedores "Made In Europe" por seguir confiando en nós apostando pola calidade e pola sustentabilidade.

E sobre todo, grazas a vós, clientes que continuan marcando o noso camiño e facéndonos cada vez un pouquiño mais grandes.

Así que GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.