SurfTech Test Tour en Patos o 2 de Maio

O Surftech Test Tour volve á Praia de Patos, o sábado 2 de maio o Clube de Surf Patos, Surftech e Novalbos convidámosvos a probar as novas táboas de epoxy de Surftech de forma totalmente gratuíta. Entre as táboas do test atópanse algúns modelos novos de TL2 así como táboas curtas , longboards e evolutivos de Tuflite.

O surftech test tour leva a cabo 8 etapas de toda a península, Mundaka, Barcelona, Suances, Orzán, Praia España, Sopelana, Zarautz, Zurriola e o Palmar. O obxectivo é que todo o mundo poidan probar as novas táboas de Surf da marca surftech, nova tecnoloxía, novos shapers e novos deseños. O sábado 2 de maio entre as 11:00h e as 14:00h na praia de patos.

O Patos surf clube montará a súa base na Escola de surf de Patos, alí todo o que queira probalas con só deixar o DNI poderá probar todas as táboas de surf que desexe.

Infórmate en:

www.surftechtour.com

www.novalbos.com (Vigo e Baiona) - Tlf. 986 20 87 87

www.patosurfclub.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com