O plástico que se acumula nos nosos océanos e nas nosas praias converteuse nunha crise mundial. Millóns de quilos de plástico pódense atopar flotando á deriva e nas profundidades dos océanos do planeta. Con este crecemento tan grande espérase que o plástico supere a todos os peixes no mar para o ano 2050.
Se axudamos a limpar as nosas praias achegaremos á mellora e conservación dos nosos areais. Por favor colabora nas limpezas que se organizan e deixa sempre todo igual de limpo ou mesmo máis que ao chegar.
Un traballo de Surf and Outdoor Cómics con debuxos de Xavier Tárrega e guión de Inés González e Maxi González.
Patrocinado por Surfmarket.org e Honey Surfboards