WE Surfing Day

Resumo do primeiro evento a través da plataforma We deste verán coa colaboracion de Caión Surf House e Maeloc Way o pasado sábado 1 de xuño na praia de Caión.

Limpeza de praia e día de surfing para todos os públicos e niveis, pasando un día en familia con obradoiros de reciclaxe e sustentabilidade, charlas de activismo ambiental nunha contorna natural única. E pra rematar un concerto de  Hexany en formato acústico.

O proxecto @wesustainability é a continuación de 10 anos de coidado do Medio Ambiente e compromiso coa Sustentabilidade, sendo o mar de novo o eixo para o desenvolvemento do mesmo. 10 anos limpando praias, realizando eventos en distintas localizacións e cidades, promocionando o surf,  skateboarding, arte e cultura no ámbito familiar.

Por iso, é momento de potenciar o proxecto e o noso compromiso para facelo máis grande e ambicioso, involucrando a máis marcas e asociacións buscando novamente un impacto e concienciación na sociedade para e por un futuro mellor nas seguintes xeracións.

Puxémonos uns obxectivos a curto e longo prazo, e como todo proxecto de sustentabilidade e medio ambiente, temos as nosas 8 "erres".

#RESPECTAR, #REDUCIR, #REXEITAR, # REUSAR, #RECICLAR, #REPARAR, #REFACER E # REPOST.

Máis información achega do proxecto aquí:  https://www.vazva.es/es/content/48-we-project

We Surf VAZVA


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.