Monoloco Surfer Bus: RAZO 23 Maio

Comeza a actividaded do Monoloco Surfer Bus 2009 cunha viaxe á praia de Razo. Esta praia constitúe a prolongación do areal de Baldaio. Ideal para a práctica de surf, acolle durante o verán o desenvolvemento de diversas actividades de lecer.
 
A praia de Razo conta co distintivo europeo Bandeira azul á calidade ambiental, que avala a limpeza das súas augas e o acondicionamento das súas instalacións.Nas súas proximidades sitúase o Espazo Natural de Razo-Baldaio e o pequeno porto pesqueiro de Razo.
 
- Data Saída:
 
Sábado 23 de maio 09
 
 
- Prezo:
 
Prezo por persoa 11,50 euros (prazas limitadas ao número mínimo de prazas para cubrir custo do bus , 35).
Inclúe seguro de viaxe (obrigatorio), gastos de gasolina, autoestradas, traslado ida e volta e a posibilidade de movernos para buscar as mellores condicións.
 
- Horarios e paradas:
 
  • Vilagarcía de Arousa 9:30 - Estación de Autobuses
  • Sanxenxo 10:00 - Estación de Autobuses
  • Pontevedra 10:30 - Estación de Autobuses
(Por favor rógase estar 15mins antes para cargar os equipos)
 
- Puntos de Venda:
 
  • Vilagarcía de Arousa Mission Surf Shop (8 entradas)
  • Sanxenxo Pura Vida (12 entradas)
  • Pontevedra (15 entradas)
 
- Data de venda de tickets:
 
Luns 11 de maio
 
- Data límite venda tickets:
 
Mércores 20 de maio
 
É IMPRESCINDIBLE QUE CONSULTEIS A PÁXINA MONOLOCO OS DÍAS ANTES DA VIAXE PARA SABER SE OCUPAMOS AS PRAZAS MÍNIMAS PARA REALIZAR A VIAXE.
 
- Requisitos Mínimos:
 
  1. Maior de 18 anos ou menor acompañado (monitor, familiar, amigo)
  2. Documento acreditativo (imprescindible para comprobar folla de inscrición)
Non vos olvidedes de apuntar os vosos nomes na folla de inscrición no pto. de venda

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.