Esta fin de semana tedes o III SURF SWAP, no que que colabora Lobos de Mar Surf Clube como é tradicional por Nadal, durante o Mercado das Nubes na Coruña, situado no precioso edificio do Mercado de San Agustín.
Poderás atopar táboas e outro material de surf e skate de segunda man para comprar a bo prezo e co mellor asesoramento! Tamén poderás traer o teu material que xa non queiras para vendelo ou cambialo e darlle unha segunda vida.
Venres 17, sábado 18 e domingo 29, esperámoste no Mercado das Nubes.
Se queres máis información, ou traer o teu material, ponte en contacto previamente mandando un email a:
Tamén poderás atopar á venda a nova colección Lobos de Mar Surf Clube para o 2022 e algunhas sorpresas para poder conseguir os mellores agasallos de Nadal.